TAREFA 3.- OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

A OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

A obsolescencia tecnolóxica programada refírese a unha técnica pola que un fabricante estuda e calcula un tempo de vida limitado dun produto ou compoñente electrónico e o desenvolve baixo ese parámetro de tempo.

Os residuos electrónicos poden acabar nun vertedeiro, queimados, reutilizados por outras persoas ou reciclados.

A EPA informa que no ano 2012, soamente o 29,02% dos residuos electrónicos foron reciclados. Esta cifra non representa todos os aparatos dados para reciclaxe porque a gran maioría acaban en países de África ou Asia onde son introducidos ilegalmente. Nos países en desenvolvemento, estos residuos supoñen un sustento para algunhas persoas porque os seus compoñentes pódense revender. Moita xente vai aos vertedoiros para recuperar cobre e outros materiais preciados.

A obsolescencia programada xorde no ano 1932, Bernard London creou a obsolescencia buscando brillar a costa da sociedade. este termo popularizouse ao redor de 1954 grazas a un discurso do deseñador industrial americano Brooks Stevens.

Sen dúbida, a obsolescencia programada é o motor secreto da primeira economía mundial, pero obríganos a mercar, a necesitar cousas novas antes de tempo. Isto favorece o crecemento económico e a xeración de postos de traballo que doutro xeito non existirían.

Tipos de obsolescencia programada:

- Obsolescencia de función: Cando un produto sustitue a outro pola súa funcionalidade superior.

- Obsolescencia de calidade: Cando o produto se volve obsoleto por un mal funcionamento programado.

- Obsolescencia de desexo: Ocorre cando o produto, aun siendo completamente funcional e non habendo sustituto mellor, deixa de ser desexado por cuestións de moda ou estilo, e se lle asinan valores peiorativos que diminúen o seu desexo de compra e animan a súa sustitución.

Formas de obsolescencia programada:

- Obsolescencia incorporada: Podería considerarse un delito, xa que provoca un perxuizo económico aos usuarios que adquiren o produto con expectativas de duración e disponibilidade.

- Obsolescencia psicolóxica: Os fabricantes promoven novos produtos facendo que os modelos anteriores non sexan atractivos. Común na industria da moda e na dos bens de consumo.

- Obsolescencia tecnolóxica: Actualización continua e rápida de produtos como ordenadores, de entretenemento, telefonía móvil. Xera compras de sustitución e ingresos para as compañías. 

Eu penso que o goberno debería impoñer unha norma na que os fabricantes estiveran obrigados a fabricar produtos cunha garantía máis longa.




Comentarios